RESULTADOS CD AS PONTES 31-OUTUBRO/1-2-NOVEMBRO

Triunfos do Cadete, ambos Alevíns, e ambos Benxamíns

161

TERCEIRA DIVISIÓN
CD BARCO-CD AS PONTES (2-1)

Setenta minutos por diante no marcador. Empate co tempo cumprido. Derrota no último minuto do desconto. O As Pontes iguala o segundo peor inicio ligueiro da súa historia, se contamos as once primeiras xornadas.

Non hai moito, na 2016-17, máis excusable, cun plantel case completamente novo, e máis rapaces que homes, a estas alturas tamén se tiñan sete puntos, cun triunfo ante o Ordes (2-1), e catro empates ante Alondras, Dubra, Bergantiños e Barco. 

Se equiparamos os tres puntos por vitoria actuais, na 1979-80 tamén se terían sete puntos, tras dúas vitorias ante Ordes (2-1) e Carballo (1-2), e un empate ante o Miño. Xa na 12ª xornada tamén se vencera 3-1 ao CD Xuvenil coruñés.  

Tan só hai un comezo peor, que foi na campaña 1984-85, cando o equipo se estreaba na actual Terceira División Galega tras ascender a campaña anterior.

Aquel Endesa sumara seis empates nas once primeiras xornadas, ante Vista Alegre, Lalín, Racing de Ferrol, Céltiga, Lemos, e San Martín, pero ningún triunfo, polo tanto, seis puntos, si ben gañara na 12ª xornada, 1-2 en Noia.   

FEMININO
CD ROSALÍA-CD AS PONTES (2-2)

Yoli, Andrea A. Terceiro clasificado (8+6). Próximo rival O Val B.

XUVENIL
ORILLAMAR SD-CD AS PONTES (4-3)

Cristian, Riobo, Santi. Noveno clasificado (14). Próximo rival Conxo Santiago B.

CADETE
CD AS PONTES-SRD NUMANCIA DE ARES (4-1) 

Luis 2, Eloy 2. Segundo clasificado (21+27). Próximo rival Rápido de Neda.

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (1-0) 

Terceiro clasificado (15+18). Próximo rival Numancia de Ares.

ALEVÍN
LIBUNCA B SD-CD AS PONTES (0-17)
CD AS PONTES B-CMI CLUB DE CAMPO (8-1)

BENXAMÍN
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (1-7)

CD ASPONTES B-SRD PORTUARIOS B (6-1)

PREBENXAMÍN
SRD NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES (2-2)
CD ASPONTES B-CD CARIÑO (2-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios