ANA TORRES E CARLA PÉREZ CON SEU “CONCELLO DE AS PONTES-NOVALUX” TERCEIRAS CLASIFICADAS FEMENINAS NA COPA DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN

A ría de Vigo, baixo a organización do Real Club Náutico de Vigo, acolleu a disputa da Copa de España 2019 dentro dos eventos da Semana do Atlántico-Cidade de Vigo na que participaron 3 tripulacións do Club de Vela Fluvial As Pontes: Nano de Andrés/Miguel Ferreiro en categoría absoluta, Javier Martínez/Mariano Torres e Ana Torres/Carla Pérez en categoría xuvenil.

53

Francesco Zampacavallo e Carlos Francés, do Real Club Náutico de Valencia, fixéronse co título tras unhas disputadísimas mangas que mantiveron a emoción en todo momento. 

A xornada do vernes foi complicada, o vento non entablaba no campo de regatas e había bastante corriente da marea o que provocou que fose necesario dar ata cinco salidas para que unha delas fose boa. Esa única manga que se puido dar foi moi táctica e totalmente dominada por Zampacavallo e Francés. Tras esta manga o vento caeu definitivamente e non foi posible disputar máis mangas pechándose definitivamente a competición por ese día. Sorte dispar para as tripulacións pontesas nesta primeira xornada, con Javier Martínez/Mariano Torres nun más que meritorio 9º posto da xeral e 4º xuvenil, sendo Ana Torres/Carla Pérez 14ª da xeral e 5ª femeninas, mentres que Nano de Andrés/Miguel Ferreiro foron descalificados por facer saída nula.

A xornada do sábado arrancaba coa decisión do Comité de Regatas de desplazar o campo de regatas frente a Cangas coa finalidade de atopar máis vento, e así foi. Rasca forte de vento, con olas de ata dous metros que sacudiron á flota durante as tres mangas disputadas e poñendo a proba a todas as tripulacións. Xornada de moita emoción onde se puideron ver planeadas increíbles e moitas volcadas.Ó final do día Zampacavallo e Francés co seu Zas Sailing foron quen de manter o seu primeiro posto, evidenciando que está moi fortes con todos os ventos, seguidos dos vigueses Tone Pérez/Ana Santirso co seu SR360, que eran segundos, e dos seus compañeiros do RCN de Vigo Pablo Cabello/David Fernández, terceiros. Por parte da flota pontesa os xuvenís Martínez/Torres perdían dous postos na xeral pasando ó 11º posto pero mantiñan o 5º posto da clasificación xuvenil. As féminas Torres/Pérez fixéronse fortes con esas condicións adversas para a navegación ascendendo ó 12º posto da xeral e ó 3º da clasificación feminina. De Andrés e Ferreiro tiveron que abandoar ó finalizar a segunda manga por unha volcada na que saleu lesionado De Andrés nunha impedíndolle continuar na competición. Deste modo cairon ó 15º posto.
A derradeira e definitiva xornada do domingo prevíase apaixoante xa que entre os tres barcos de cabeza todo podía pasar, nembargantes o día abreu cheo de nubes e o vento no entablou. Tocaba agardar en terra coa esperanza de que saltase o vento, pero o tempo límite para dar saídas impúxose e xornada pechouse en branco. Deste xeito mantivéronse os resultados da xornada anterior, proclamándose campeón absoluto da Copa de España o Zas Sailing dos valencianos Fracesco Zampacavallo e Carlos Francés. O segundo posto foi para o SR360 dos vigueses Tone Pérez e Ana Santirso, ocupando o terceiro caixón os tamén olívicos Pablo Cabello e David Fernández.

Na categoría xuvenil, con pleno galego, o Señor de la Noche de Alberto Viejo e Jorge Cigarrán foi primeiro por diante de Paula da Rocha e Ricardo Fernández que eran segundos, e con as irmás Paula e Paloma González completando o podium. Polos ponteses o Huso 29 Renovables de Javier Martínez e Mariano Torres finalizou nun extraordinario 5º posto.

Paula y Paloma González volvían a subir ó podium na categoría feminina, sendo  primeiras con seu Ence, seguidas de Xiana Piñeiro e Sofia Martínez_Almeida e das pontesas Ana Torres e Carla Pérez co seu Concello de As Pontes-Novalux, que daban a campanada por diante de tripulacións máis experimentadas acadando un máis que meritorio terceiro posto.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios