Nota de prensa XPAP: Posición Xuntas por As Pontes – En Común

A nosa posición de cara ás eleccións xerais.

113

A asemblea local de Xuntas por As Pontes – En Común decidiu onte, 2 de novembro, dar o seu apoio a En Común-Unidas Podemos (Podemos-EU). 

O que motiva a nosa decisión é a necesidade de ter un referente claro. Coa capacidade de confrontar ó bipartidismo do PP e o PSOE, responsable da privatización de Endesa. Disposto a defender os dereitos da clase traballadora, derrogar as reformas laborais de Zapatero e Rajoy, e aposte por un novo estatuto dos traballadores que reforce a negociación colectiva.

Queremos deixar claro que non consideramos que En Común sexa a formula definitiva. Para as futuras eleccións autonómicos debería aspirarse a construción dun espazo amplo con tódalas forzas da esquerda galega. A nosa aposta é pola construción leal da unidade. Será só así como logremos acadar o goberno da Xunta poñendo fin aos 10 anos de neoliberalismo do Partido Popular.

Nova cortesía de Xuntas por As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios