LIGA GALEGA DE RUGBI. CR FENDETESTAS-BARBANZA RC (5-8)

Derrota pola mínima do cadro pontés

35

O Fendetestas pontés de rugbi non puido vencer esta mañá chuviosa de domingo no campo artificial, tras perder 5-8 ante o equipo de Rianxo, que marchaba ao descanso con 0-3 gracias a un golpe de castigo transformado.

Mediado o segundo tempo situabanse os verdes por diante tras apuntarse Antonio Franco un ensaio pero pouco despois era o Barbanza o que facía o mesmo establecendo o 5-8 definitivo, nun encontro no que o máis positivo foi o bonus defensivo que supón o primeiro punto da tempada para un equipo que é penúltimo e descansa na vindeira xornada. 

Xogaron Asier, Anxo, Ramón, Carlos, Cristian, Gallardo, Ansumana, Kevin, Toño, Iván, Antonio Gómez, Antonio Franco, Javier, Miguel, Senen, e despois Andrés, Xose, Brais, Beto e Lois. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios