TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – BERGANTIÑOS CF 0

O As Pontes logra a súa primeira vitoria en casa e súmase á loita pola salvación.

173

O As Pontes logrou este domingo a súa primeira vitoria en casa e meteuse na pelexa pola salvación tras gañar por 2-0 ao potente Bergantiños. 

Despois dun disparo nunha internada de Aaron que despexa Paco (13´), os azuis adiantáronse tras unha rocambolesca acción, na que remata Carlos dentro da área, despexa o porteiro, controla o balón Quique, envíao ao traveseiro, volve rematar outra vez Carlos, e finalmente é Cambón quen cun golpeo na área pequena mándaa ao fondo das mallas (18´). 

Antes do descanso puideron igualar os visitantes, nunha xogada na que Rubén Rivera encara libre de marca pero saca o balón Paco co corpo (29´), e noutra contra é Diego quen avanza só, centra á área pero acaba desbaratando o perigo un xogador local baixo paus (34´). 

No segundo período os visitantes foron a polo empate, pero o encontro discorreu con moita choiva e poucas ocasións. Co xogo desde atrás dos locais, complicouse a vida cun balón Caridad pero estivo atento ao cruce Dani (57´). 

Posteriormente era Alex quen avanzaba por banda esquerda ata liña de fondo, centrando con perigo, pero despexando un defensor a córner (65´). O propio lateral realizou un forte disparo que atallou Canedo (67´). Nun balón que se lle vai nun despexe a David, propicia unha contra cinco contra tres que volve desbaratar Dani (82´). 

Foi ao borde do final, que Quique queda só ante Canedo, pícalle o balón, e este acaba entrando con suspense ao fondo das mallas asinando a sentenza (85´). Colle algo de aire o equipo local, agora un pouco máis serio en defensa, antepenúltimo con 10 puntos, antes da complicada visita ao Fabril. Métese en zona de descenso o Bergantiños, cuarto pola cola con 12. 

Décimo quinta vitoria local en O Poboado ante o cadro de Carballo, por dez empates e dous triunfos visitantes, na 2008-09 e a 2014-15. 

CD As Pontes. Paco, Berto, Alex, Caridad, David García, Dani, Quique, Gonzalo (Dani Pajaro 89´), Carlos, Cambón (Fidi 74´), Pardo (Sánchez 45´). 

Bergantiños CF. Canedo, Bilal (Remeseiro 67´), Aaron, Iago, Marcos, Granada (Cano 72´), Duque, Agulló, Rivera, Diego, Toni (Dieguez 80´). 

Goles: 1-0, Cambón (18´), 2-0, Quique (85´). 

Árbitro: Zulema González González (Ourense). Auxiliada por Rodicio González e García Vázquez. Amarelas a Gonzalo, Diego, Bilal, Aarón, Marcos, Duque. 

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde moi chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios