Amigus Labs • Un repaso xeral á competición de velocistas

O próximo 24 de novembro, contaremos con Rubén Espino que nos falará sobre a competición de robots velocistas.

214

Robot velocista é unha competición na que os robots, no menor tempo posible, deberán atravesar unha pista e sortear as pontes e curvas que o traxecto implica.

Nesta charla trataranse todos os temas relacionados coa actual competición de velocistas. Desde a proba e a súa evolución, ata os robots e as súas tecnoloxías. Farase referencia aos proxectos libres relacionados e a outras charlas coas que se poderán completar os coñecementos necesarios para desenvolver un robot velocista co que poder asistir ás competicións, ademais de poder ver en acción a algún dos robots sobre a nova pista de Amigus Labs.

Rubén Espino San José é Enxeñeiro de telecomunicación, fundador e integrante do equipo Puma Pride de robótica de competición, participante en competicións de robótica desde 2011. Co equipo Eurobotics Engineering foi 5º clasificado a nivel mundial en 2015 na competición de Eurobot. A nivel nacional conseguiu numerosos premios en diversas probas, principalmente en velocistas e carreiras. Entre os seus proxectos relacionados coas competicións de velocistas destacan PumatrónCyclops-Projecttime2time e os xeradores de circuítos con liñas e degradado para Octave.

De 11:00 a 13:00 realizaremos o charla e demostración gratuíta. Para asistir é obrigatorio rexistrarse no formulario que atoparás na páxina do evento, o prazo de inscrición remata o 22 de novembro (prazas limitadas).

Máis información en Amigus Labs

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios