O ESTEO RECIBE HOXE MÉRCORES AO SANTIAGO FUTSAL NA COPA DO REY

ELIMINATORIA PREVIA DA COPA DO REY 2019-2020

37

Hoxe mércores 13 de novembro O Esteo quere seguir escribindo unha nova páxina na súa curta historia ao enfrontarse ao Santiago Futsal no encontro da eliminatoria previa da Copa de S.M. O Rei programado para ás oito e cuarto da noite no Pavillón Municipal de As Pontes.

Os dous equipos acoden a este encontro coa intención de dar continuidade ás boas sensacións cultivadas nas últimas xornadas de liga para intentar na competición do KO.

O Esteo quere continuar a súa progresión á alza en canto a resultados e xogo mostrados nos seus últimos compromisos ligueiros contra un Santiago Futsal que no seu último compromiso de liga do pasado sábado caía derrotado a domicilio diante o filial do F.C. Barcelona por un axustado 3-2.

Os xogadores ponteses saben do potencial do rival polo que terán que dar o cen por cento ante un conxunto, o santiagués, formado maioritariamente por xogadores novos formados nas mellores canteiras de España pero os de Óscar Vigo non descartan dar a  sorpresa e para iso precisan do apoio dos afeccionados.

Para a disputa deste encontro, o adestrador de O Esteo terá a tódolos seus xogadores dispoñibles a excepción de Pana que por enésima vez esta tempada perdese o encontro por motivos laborais.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios