SEGUNDA B. VENTORRILLO FS-O ESTEO FS (3-3)

O equipo pontés é sexto con 17 puntos

71

O Esteo pontés de fútbol sala empatou 3-3 na súa visita á Coruña, con tantos anotados por Martín, ante o seu ex equipo, Noé e Cokito.

Pese a adiantarse 0-2 e 1-3 non deixa de ser un bo resultado ante un conxunto apurado da zona baixa, na criba que marca a salvación, e nunha semana na que houbo que vencer ao Santiago Futsal o mércores. 

Son sextos con 17 puntos. Un Esteo que se enfrontará ao Sala Ourense, oitavo con 13, e na Copa recibirá ao Burela. 

VENTORRILLO FS. Óscar, Manu, Alex Ares, Andresín, Jhonny – Berto, Buxía, Vituco, Xavi, Kevin, Toca.

O ESTEO FS. Javichu, Martín, Héctor, Noé, Matos – Troncho, Cokito, Jacobo, Jhony, Faílde.

GOLES. 0-1, Martín (2´), 0-2, Noé (19´), 1-2, Buxía (20´). 1-3, Cokito (22´), 2-3, Buxía (27´), 3-3, Kevin (28´).

Tarxetas: Dacal Deza, Pinilla Boullosa, Núñez Mariño (Vigo). Amarelas a Jacobo, Héctor, Cokito.

Incidencias: Pavillón Municipal de Ventorrillo (A Coruña). Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios