SEGUNDA B. O ESTEO FS-SALA OURENSE (4-1)

O equipo pontés é quinto con 20 puntos

95

O Esteo pontés de fútbol sala gañou este sábado na Fraga por 4-1 ao Sala Ourense. Triunfo de mérito, pois contaba coas ausencias de dous fixos como Héctor e Rober, e durante o encontro foi expulsado Cokito, así que o cadro local disputou o encontro cos efectivos xustos. 

Pero adiantouse ao pouco do comezo co tanto de Jhony cun remate a media altura que entra polo segundo pau, mediado o primeiro período era Cokito quen marcaba de tiro raso, e preto do descanso Noé aproveitaba un balón morto para marcar de forte disparo.

No segundo tempo, os locais aguantaron os dous minutos en inferioridade e posteriormente era Martín o que anotaba o cuarto de falta case sentenciando o encontro, pese a que os ourensáns o tentaron ata o último instante co porteiro xogador e Raúl anotou o da honra preto da bocina.

O Esteo é quinto con 20 puntos, antes de visitar ao Ribeira, penúltimo clasificado con nove, pero complicado rival, que conta co pontés Bruno e o ex Alex Durán. 

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Jacobo, Cokito, Troncho – Noé, Matos, Martín.

SALA OURENSE. Rubén, Raúl, Ángel, Iván, Bermejo – Martín, Gustavo, Edgar, Arturo, Daniel.

GOLES. 1-0, Jhony (1´), 2-0, Cokito (11´), 3-0, Noé (16´). 4-0, Martín (32´), 4-1, Raúl (39´). 

Tarxetas: Amarelas a Raúl, Martín, Bermejo, Gustavo, Arturo, Troncho. Expulsado Cokito con vermello directo (29´).

Incidencias: Pavillón Municipal de A Fraga. Uns 150 espectadores. Houbo que parar o xogo nalgún momento pola presenza de algunha goteira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios