TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 1

Nun duelo de equipos necesitados, o As Pontes metese na loita pola permanencia tralo décimo tanto de Carlos que deu un triunfo vital a falta de cinco minutos

148

O As Pontes conseguiu na tarde noite deste domingo un triunfo vital ante un rival directo, co que escala posicións e sitúase a dous puntos da salvación. 

Chegaba a As Pontes o Rápido de Bouzas, equipo olívico a campaña pasada en Segunda B, e cun dos mellores planteis da Terceira, Carnero, Yahvé, Pereira, Mouriño, Rey ou Lorenzo, entre outros, e dirixidos por Milo Abelleira, que adestrara ao As Pontes na tempada 1998-99, e pai de Teresa, Campioa de Europa sub19 con Malena, e xogadora do Deportivo. 

O conxunto local puido gañar tras unha sufrida remontada, i é que comezou o encontro con moi mal pé, xa que na primeira aproximación visitante o habilidoso Carlos Pereira chega moi fácil ao borde da área e bate a Paco de forte disparo por alto (7´). 

Tivo as súas ocasións o cadro de Roca para empatar antes do descanso, unha moi clara, nunha xogada na que dentro da área dispara por dúas veces Cambón e logo Carlos, pero estivo moi acertado Lorenzo despexando a córner (24´), ou noutra chegada na que peitea o balón de cabeza Carlos e na área pequena Dani remata moi frouxo ás mans do cancerbeiro (41´). Tamén destacar unha falta perigosa botada por Gonzalo (28´). 

O segundo período empezou cunha boa ocasión de Carnero que empala o balón por alto (50´), pero foi tras unha falta botada por Gonzalo que Cambón lograba o empate tras cabecear un balón á escuadra contraria (53´). 

Seguiulle un bo remate de Fidi desde fóra da área buscando a escuadra (55´), e unha ocasión clarísima na que Pereira chega completamente só ao segundo pau pero volveu estar providencial Paco despexando o balón (58´). 

Tras unha falta perigosa botada polo dez do conxunto olívico (80´), chegou o gol da vitoria local, tras un pase en profundidade de Cambón sobre Carlos, xogada na que o dianteiro de Ares encara ao porteiro e báteo de tiro cruzado logrando o seu décimo tanto da campaña (85´). 

A raíz do tanto o equipo vigués buscou a igualada, pero foron os locais os que puideron sentenciar, nun disparo de Carlos que despexa Lorenzo cando se coaba pola escuadra (86´), tras un córner de David García que case acaba en gol olímpico (88´), e un disparo do propio Carlos que marcha por alto (92´). 

Colle algo de aire o conxunto local que se sitúa cuarto pola cola con 13 puntos, e a semana que vén visitará ó Polvorín. Oitavo triunfo dos locais no Poboado, por cinco empates e unha única vitoria do equipo negro e amarelo, na 2015-16, 1-2 no tramo final.

CD As Pontes. Paco, Berto, Alex, Caridad, David García, Dani, Quique (Dani Pajaro 90´), Gonzalo (Sánchez 78´), Carlos, Fidi (Maroñas 82´), Cambón.

Club Rápido de Bouzas. Lorenzo, Juan, Ronald, Pablo, Areal, Yhavé, Iñaki (Firi 69´), Mouriño (Jesús 74´), Carnero, Pereira, Rey (Rubio 82´). 

Árbitro: Jose Manuel Cives Enjo. Auxiliado por Belmonte Martell e Bermúdez Seoane. Amarelas a Fidi, Pablo, Mouriño, Carnero.

Goles: 0-1, Carlos Pereira (7´), 1-1, Cambón (53´), 2-1, Carlos (85´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Unhas 150 persoas en tarde noite moi chuviosa. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios