LIGA GALEGA DE RUGBI. CR FENDETESTAS 12- CD ZALAETA DE ARTEIXO 50

Partido disputado este domingo no campo artificial

42

O Fendetestas pontés de Rugbi perdeu este domingo á mañá no seu partido contra o Zalaeta de Arteixo, vello coñecido dos play off de ascenso de pasadas campañas, nuns duelos moi reñidos. 

Pero sen embargo nesta ocasión o equipo arteixán xa deixou sentenciado o encontro marchando 0-24 ao descanso, e pese a que no segundo tempo, con dous ensaios de Antonio Gómez e Andrés, e un lanzamento a paus de Kevin, chegou a recurtar o marcador o equipo local a un 5-24 e un 12-31, os visitantes acabaron sentenciando ata o definitivo 12-50.

Próxima visita ao Santiago nun par de semanas, nun partido no que ambos equipos buscarán a súa primeira vitoria. Xogaron Antonio Santaclara, Anxo, Xose, Carlos, Roberto, Gallardo, Kevin, Andrés, Toño, Brais, Antonio Gómez, Iván, Ansumana, Miguel, Javier e despois Rafael. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios