DOUS XOGADORES DO CD AS PONTES NA PRIMEIRA FASE DA COPA DAS REXIÓNS UEFA

Esta fin de semana na costa pontevedresa

101

Os xogadores do CD As Pontes, o ferrolán Paco Fernández e o aresán Carlos López, foron convocados para a primeira fase da 12ª Copa das Rexións Uefa, que se disputará en Galicia. Tamén acuden Diego Uzal, do Somozas, ou o ex xogador do equipo pontés, Iago López.

Galicia xogará o venres 6, ás 12:00, contra Castela A Mancha, en Baltar (Portonovo), e o domingo 8, á mesma hora, contra Ceuta, no Salvador Otero (Illa de Arousa). Concentraranse en Silgar (Sanxenxo) o xoves 5. 

A nivel europeo esta competición foi gañada polo País Vasco en 2005 e Castela León en 2009. Foron subcampións, Madrid en 1999, e Cataluña en 2013. Os 18 convocados son os seguintes: 

SD Compostela: Brais Abelenda, Samu Rodríguez, Josiño Filgueira
Bergantiños CF: Aarón Rama, Iago López, Diego Fernández
Ourense CF: Adri Castro, Martín Lamelas
Alondras CF: Jesús Varela, Abel Martínez
CD Choco: David Cortegoso,  Diego Vitra
CD As Pontes: Francisco Fernández, Carlos López
UD Somozas: Diego Uzal
UD Ourense: Marquitos Alonso
Arousa SC: Adri Gómez
CSD Arzúa: Íker Hurtado

Nova cortesia de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios