COPA DO REI. O ESTEO FS-CD BURELA FS (1-4)

O Esteo plantou cara nos dezaseisavos de final ao conxunto lucense de Primeira División

109

O Esteo pontés de fútbol sala viviu na noite deste mércortes unha xornada histórica tras enfrontarse ao Burela de Primeira División nos dezaseisavos da Copa do Rei. 

O primeiro tempo foi de ocasións para ambos equipos, destacar polos locais un man a man de Troncho co porteiro, un disparo cruzado de Jacobo, e un zapatazo ao poste de Noé. Se ben polos visitantes o lucense Lucho disparou ao longueiro, e o ex de Osasuna Alex Diz adiantou ao Burela tras un balón que lle ven de rebote, regatea ben a un defensa e bate a Javichu por baixo.

No segundo tempo levou máis o peso o cadro alaranxado, con máis cambios que os locais, que botaron en falta a Matos, ao que lesionaron o pasado sábado. Tras un disparo de Luisma que o porteiro desvía ao poste, chegou outra ocasión do habilidoso Diz que despexa un inmenso Javichu pero no rebote Everton está máis atento que Cokito e manda o balón  ao fondo das mallas.

Con porteiro xogador os locais fixeron o terceiro na primeira ocasión que tiveron por medio do seu gardamallas polaco Kaluza. De aí ata o final destacar ambos tiros ao poste de Rober e Jhony, o tanto da honra de Noé, e o cuarto visitante sobre a bocina coa portería moi desguarnecida.  

Clasifican á rolda dos 16 mellores, de Primeira, Inter, Jaén, Osasuna, O Parrulo, Levante, Cartagena, Peñíscola, Santa Coloma, Burela, de Segunda, Betis, Antequera, Mengíbar, Talavera, de Segunda B Hospitalet, e incorporanse da Copa de Europa, El Pozo e Barcelona. 

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Cokito, Jacobo, Troncho – Jhony, Rober, Noé. 

CD BURELA FS. Kaluza, Luisma, Juanfran, Pope, Everton – Lucho, Vargas, Joselito, Alex Diz.

Goles: 0-1, Alex Diz (16´). 0-2, Everthon (29´) 0-3, Kaluza (30´) 1-3, Noé (38´), 1-4, Juanfran (40´).

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 350 espectadores, con presencia de parte do plantel do Parrulo.

Tarxetas: Amarelas a Jacobo e Noé. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios