TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – UD OURENSE 1

O Ourense afunde na clasificación ao As Pontes

285

O refundado UD Ourense visitou onte O Poboado e afundiu un pouco máis ao equipo local, que xa viña de perder 6-0 co Polvorín hai dúas semanas.

Os visitantes levaron o peso no primeiro período, aínda que co paso dos minutos o xogo voltouse máis alterno. Destacar polos vermellos unha cabezada do ex do Fabril Hugo García que salva Liz (12´), e unha xogada a bola parada na área pequena tras cesión na que dispara Alfredo e consiguen desviar o perigo os locais (34´).

Os azuis tamén tiveron as súas aproximacións, un tiro cruzado de Pardo (23´), un cabezazo de Dani tras saque de Gonzalo que Ángel desvía a córner (41´), e outra cabezada de Carlos que sae por pouco (44´).

No segundo tempo, Durán marchase por banda esquerda e o seu centro chut con moito perigo sacao Caridad baixo paus (51´), ata que tras un perda de balón na que ao defensa local non lle quedou máis remedio que botar o balón fora ante a presión rival acabou en saque de banda con centro á area e Iago Blanco remata cruzado, o balón vai ao poste e acaba entrando (61´).

Foi o As Pontes a polo empate con máis vontade que artillería, cun plantel configurado con moi poucos efectivos de medio para arriba, de feito os tres cambios foron centrais, aínda así, a un bo Caridad quedoulle un balón morto na área pequena pero rematou frouxo (69´), e logo era Gonzalo o que botaba unha falta que marcha a rentes do pau (76´).

Os locais non conseguían bater a Ángel Díez, o porteiro que fora Campión de Europa Sub17 en Turquía 2008 con Thiago, Canales, Montoya, Romeu, Rochina, Keko, Pulido, o ex do Lugo, Carmona, ou o ex do Somozas, Sielva, entre outros. 

Pero foi o equipo ourensán o que puido sentenciar en tres contras nas que Champi (85´), Arce (88´) e Marquitos (89´) non marcaron de milagre, acabando o encontro co 0-1 co que o equipo local se afunde un pouco máis na táboa e visita un rival directo coma o Estradense con apenas 13 puntos, e sen o goleador Carlos, nin David García, sancionados.

CD As Pontes. Liz, Berto, Alex, Caridad (Iván 80´), David García, Dani, Quique (Maroñas 72´), Gonzalo, Carlos, Fidi, Pardo (Sánchez 77´).

UD Ourense. Ángel, Josu, Alfredo, Vieites, Tiago, Sanin, Carlos (Arce 58´), Champi, Hugo (Viti 80´), Durán, Blanco (Marquitos 72´).

Goles: Iago Blanco (61´).

Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo (Pontevedra). Auxiliado por Sartages Bermúdez e Quintáns Domínguez. Amarelas aos locais Carlos, Fidi, García e ao visitante Marquitos.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes, en tarde chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios