SEGUNDA B. CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID-O ESTEO FS (1-4)

Gran triunfo do Esteo antes de pechar a primeira volta recibindo ao Narón

55

O Esteo pontés de fútbol sala obtivo este sábado un magnífico triunfo en Valladolid, por 1-4, nun encontro no que comezou perdendo pero Jacobo de penalti empatou antes do descanso. 

No segundo período anotaron Cokito, Jhony, e preto do final con porteiro xogador os locais Jacobo facía o seu 14º gol da campaña.

Os ponteses son terceiros con 29 puntos, empatados co segundo Albense, garantizando case a salvación no peor dos escenarios posibles, antes de recibir ao Cidade de Narón, sétimo con 21, no derbi que pecha a primeira volta. 

Magnífico resultado dos ponteses que nas anteriores seis visitas ao equipo universitario só lograran dous empates por catro derrotas.

CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID. Rubén, Miguelín, Leal, Javi, Muñoz – Sancris, Isaac, David, Picolo, Raulito, Parra.

O ESTEO FS. Javichu, Cokito, Rober, Jacobo, Jhony – Noé, Héctor, Martín, Troncho.

GOLES. 1-0, Raulito (14´), 1-1, Jacobo (20´). 1-2, Cokito (23´), 1-3, Jhony (29´), 1-4, Jacobo (40´).

Tarxetas: Amarelas a Sancris, Raulito, Picolo, Javichu, Troncho, Noé.

Incidencias: Pavillón Fuente de la Mora. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios