ALEX MONTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Xogará coa Selección Galega en Logroño

715

O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de ser convocado pola Selección Galega Sub16 para a disputa da primeira fase do Campionato de España.

Galicia xogará o venres 27 contra a selección locataria de La Rioja e ao día seguinte sábado co complicado combinado do País Vasco. Ambos encontros serán ás 12:30, nos Campos de Fútbol Mundial 1982. 

Xogando este Campionato de España, Alex sigue os pasos de David Rochela, Adrián López, Xoel González, Enrique Fornos, Dani Carballeira, Alex Cabarcos, Fernando Castro, Javi Rochela, Simón Cabarcos, Miguel Vilaboy, Chus Cañizares, Yaiza Paleo, Paty Blanco, Malena Mieres ou Raquel Béjar, entre outros.  

Alex acude sendo aínda cadete de primeiro ano. Os 18 convocados son os seguintes: 

RC Deportivo de A Coruña: Alejandro González, Cristian Canales, David Mella, Diego Gómez, Martín Ochoa, Seydiba Mendes

RC Celta de Vigo: Alex Comparada, César Fernández, Robert Carril, Stefan Bajcetic, Yoel Lago

San Tirso SD: Kevin Sánchez, Gabriel Ares, Alejandro Montero 

CD Lugo: Víctor Arosa

Ural CF: Diego Rodríguez

CD Lérez: Jacobo López

ED Xuventude de Oroso: Rubén Casas

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios