Nota de prensa XPAP: Posición de Xuntas por As Pontes En Común ante o peche de Endesa

Posición de Xuntas por As Pontes En Común

266

A nosa vila atravesa un momento difícil, ameazada pola perda de empregos e un máis que probable aumento da despoboación. Tras de si, están os responsables políticos do Estado, a Xunta e o propio concello, que dende diferentes cores e ideoloxías defenderon un modelo económico común, o modelo neoliberal.

Un trazo significativo deste modelo económico é a privatización. Recordemos que foi Felipe González do Partido Socialista quen privatizou o 25% en 1988, e Aznar o restante en 1997. Pero sen irnos tan atrás, podemos ver outra característica do modelo neoliberal. O rescate de empresa privada con cartos públicos sen agardar nada a cambio. Esta é unha das solucións aprobadas na xunta por PP, PSOE e BNG, perdoarlle o imposto do céntimo verde, facer que o Estado perda de recadar para beneficiar a unha empresa privada que xa non lle da nada a nosa comunidade. 

O concello de As Pontes estaba avisado pola Unión Europea dende o ano 2010 que o peche chegaría producirse. Sen embargo confiouse na empresa privada e a súa promesa de producir ata 2030. Hoxe a alianza PSOE-BNG, como a que xa teñen en varias deputacións e concellos, supón a procura sen rumbo de solucións. As persoas afectadas están sendo enganadas, mareadas. Defenderemos, con medidas concretas, o emprego das empresas auxiliares, sendo as máis prexudicadas pola falta de estabilidade laboral. Respecto aos camioneiros que foron malinformados sobre o futuro de traer o carbón á vila. Recomendamos, sen necesidade de exaltacións e berros que non conducen a nada, acudir ao ICO e pedir axudar económicas para os afectados. 

Agora estamos ante dúas situación. A primeira, que o anuncio de peche sexa unha medida de presión para manter os grupos 1 e 2 en dispoñibilidade e cobrar do Estado sen producir. E a segunda, que o peche sexa realmente definitivo. Dende Xuntas por As Pontes En Común temos claro que se hai unha solución proposta por Endesa, debe de expresarse en medidas máis concretas. Unha vez concretada trataremos de estudala en común por medio dunha mesa de seguimento con tódolos actores implicados. Para despois expoñela unha asemblea aberta e participativa onde todos podamos opinar para buscar as solucións máis axeitadas. 

Coa proposta sobre a mesa, nós non nos conformamos. Queremos chan industrial, que se faga un parque industrial mancomunado e a economía sexa diversificada pensando no futuro. Porque toda saída proposta pola empresa privada só será alongar o problema unhas cantas décadas máis. Queremos ter control sobre o modelo económico da vila, e non depender sempre dunha única empresa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios