SEGUNDA B. O ESTEO FS-GIJÓN PLAYAS (4-3)

Sufrido triundo do Esteo ante o equipo asturiano

196

O Esteo pontés de fútbol sala gañou na tarde deste sábado ante o equipo da maravillosa localidade xixonesa, que ascendeu a campaña pasada, por un apretado 4-3.

Adiantaronse os locais por medio de Jhony, pero pronto remontaban os asturianos antes do descanso, e gracias, porque co tempo cumprido enviaron un balón ao poste nunha xogada na que chegaban dous xogadores sos ante Javichu. Anteriormente Jacobo lanzou unha falta directa preto da escadra. 

No segundo tempo houbo ocasións moi claras para Héctor, Troncho e Martín, aínda que tamén pola outra banda, con grandes intervencións de Javichu. Lograbase o empate cun tanto en propia meta no intento de despexe, e logo era Jacobo o que poñía o 3-2 cun auténtico golazo pola escadra. 

Os asturianos empataban a pouco do final nunha xogada na que Javichu fixo dúas boas paradas pero xa non puido cun terceiro remate consecutivo. Os visitantes, en postos de perigo, non se conformaban co empate e seguiron tentandoo co porteiro xogador. 

Pero estivo moi listo Jacobo para roubar un balón e anotar desde media pista o 4-3 que acabou resultando definitivo. Os ponteses son terceiros con 33 puntos antes de visitar ao Xove.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Rober, Jacobo, Cokito – Noé, Héctor, Martín, Troncho.

GIJÓN PLAYAS. Mario, Isaac, Mateo, Dani, Tommy – Rubo, Saúl, Jamo, David, Madagan.

GOLES. 1-0, Jhony (11´), 1-1, Mateo (12´), 1-2, Dani (13´). 2-2, Jamo, pp (29´), 3-2, Jacobo (33´), 3-3, Jamo (36´), 4-3, Jacobo (38´).

Tarxetas: Amarelas a Noé, Troncho, Héctor, Isaac, Madagan, David.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios