TERCEIRA DIVISIÓN.CD AS PONTES 0 – SILVA SD 0

O As Pontes salva un punto con dous xogadores menos

154

O As Pontes conseguiu rescatar un punto nun final moi polémico no encontro desta tarde no Poboado ante o Silva. 

O primeiro período foi de moitas máis ocasións para os locais, e tras un remate de cabeza de Caridad por alto (8´), e un disparo de Carlos (12´), resaltar, un remate de Carlos que salva Adrián coa manopla (19´), un tiro cruzado de Cambón que marcha lamendo o poste (35´), ou un zapatazo de Pajaro desde fóra da área que desvía a córner con apuros o gardameta (42´). Polos visitantes apenas destacar un disparo de Parafita que despexa como pode Liz e o balón paséase pola área (29´). 

Xa na segunda parte o xogo volveuse máis alterno, destacar, sobre todo, unha ocasión visitante na que dende medio campo a punto está Marcos de sorprender a Liz, que despexa a córner in extremis (61´). Tamén tiro cruzado perigoso de Fabio (58´), e boa ocasión dentro da área para Cambón, pero trastabillase co balón nos pés (64´). 

Os brancos íanse apropiando do xogo co paso dos minutos, e polos locais, con efectivos xustos en ataque, ademais sen Pardo e Quique, con bo banquiño pero de perfil defensivo, no último terzo Carlos e Cambón facían o que podían pelexando contra o mundo. 

Pero no tramo final, cando ambos equipos parecían dar por bo o empate cobrou protagonismo o colexiado, nunha xogada na que tras recibir dúas tarrascadas por detrás sen sinalar falta viu a segunda amarela Fidi por protestar, e a continuación tamén pola mesma tesitura Gonzalo, quedando o cadro local con nove xogadores. 

Por riba, xa no desconto, o dianteiro local Carlos é derrubado na área, pero ve a tarxeta amarela. Sorprendentemente, aínda con dous xogadores menos, tivo a última o As Pontes, tras un centro do propio Carlos, remata a porta baleira Sánchez e salva un defensa baixo paus (93´). 

Os azuis lograron rescatar un punto, aínda que perden a dous medios centros para o decisivo encontro ante o Vilalbés. Primeiro empate entre ambos os equipos. Tres triunfos locais en Coruña, mentres en O Poboado, vitorias pontesas, 3-1 (2014-15), 1-0 (2015-16), e un triunfo visitante, 0-2 (2016-17). 

CD As Pontes. Liz, Maroñas, Alex, Caridad, García (Sánchez 72´), Dani, Pajaro, Gonzalo, Carlos, Fidi, Cambón (Rivas 87´).

Silva SD. Ríos, Brais, Justo, Jonathan (Rojo 77´), Marcos, Sergio (Falcones 88´), Parafita (Souto 65´), Jacobo, Prieto, Tome, Fabio.

Árbitro: M.C.C (Ourense). Auxiliado por Rodicio González e Rodríguez Delgado. Amarelas a García, Pajaro e Carlos. Expulsados por dobre amoestación Fidi (84´) e Gonzalo (85´). Ningunha tarxeta para o cadro visitante. 

Incidencias: Campo de O Poboado. Unhas 150 persoas. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios