LIGA GALEGA RUGBI. CR FENDETESTAS-OS INGLESES RC (8-80)

O equipo de Vilagarcía, segundo clasificado, foi moi superior

52

O equipo pontés perdeu ante o cadro de Vilagarcía de Arousa, segundo clasificado, nun encontro que xa quedaba sentenciado ao descanso co 8-43, nun partido no que os visitantes anotaron ata catorce ensaios. 

Os puntos locais chegaron tras un lanzamento a paus de Senen e un gran ensaio de Ansu antes do descanso, que percorreu toda a banda dereita ata alcanzar a liña de fondo.

Xogaron Antonio Santaclara, Anxo, Kevin, Carlos, Antón, Lois, Rafael, Asier, Senen, Brais, Antonio Gómez, Andrés, Bojang, Federico, Toño, e despois Xose, Miguel, Cristian, Roberto.

O encontro contou coa presencia de Elsa Porto, xogadora do Crat A Coruña feminino e internacional española.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios