DAVID ROCHELA GANA A LEO CUP 2020

O Port Thai foi o mellor dos doce equipos participantes

369

O futbolista pontés David Rochela Calvo gañou a final da Leo Cup este pasado martes co seu equipo Port Thai.

O conxunto de David foi o mellor dos 12 equipos participantes e impúxose neste prestixioso torneo que da inicio á nova campaña 2020, xa que en Tailandia as Ligas xoganse en anos naturais, de Febreiro a Outubro.  

Gañaron sucesivamente ao Nakhonratchasima por 2-0 na primeira eliminatoria, e nos cuartos de final ao xaponés Cerezo Osaka por un rotundo 3-0.

Xa nas semifinais impuxeronse nunha interminable quenda de penaltis 12-11 ao Campión de Liga Chiangrai United tralo 2 a 2 no tempo regulamentario.

Xa este martes xogaron a final na que venceron ao Muangthong United por 2-1, tras empatar o tanto inicial faltando dez minutos, e anotar o segundo no tempo de desconto.

Este é o sexto título de David en terras tailandesas, sumando esta Leo Cup á Copa conquistada hai uns meses co seu actual equipo, mailos catro que logrou co Buriram United, unha Liga, dúas Supercopas, e a Supercopa Toyota ante o Nagoya xaponés.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios