AMIGABLE. O ESTEO FS-SELECCIÓN DE XAPÓN (1-5)

O Esteo prantou cara no seu terceiro partido internacional, frente á moi probable selección mundialista nipona, que acabou impoñendo a súa maior profundidade de banquiño.

405

Partido histórico o que vivía o Esteo pontés de fútbol sala este xoves á noite no Pavillón de A Fraga no que recibía á selección de Xapón, equipo que moi probablemente clasifique entre os cinco mellores de Asia para o próximo Mundial de Lituania 2020, que alcanzou España este martes tras gañar a Serbia, Francia e Ucraina.

De feito, o equipo dirixido polo técnico ferrolán Bruno García, foi tres veces Campión de Asia e participou en catro Mundiais, o primeiro celebrado, Holanda 1989, o de China Taipei 2004, gañado por España, e nos de Brasil 2008 e Tailandia 2012. 

Terceiro encontro internacional do equipo pontés, que xa gañara ó mítico Bakú United, o mellor equipo inglés, por 6-5 na Fraga en 2013, e perdera 2-3 coa selección mundialista de Vietnam na Gándara en 2014. 

O Esteo, que apenas contaba con oito xogadores de pista, dous porteiros, un xuvenil, Xan, e un cadete, Pablo, plantou cara en todo o partido, e chegou a igualar no comezo do segundo período, pero acabou caendo co paso dos minutos ante un cadro xaponés que empregou ata 16 futbolistas.

Un Javichu inconmensurable atallou a multitude de cañonazos xaponeses, pero recibiu tres goles en rexeites nos que nada puido facer, e por desgracia sen porteiro recibiuse un gol co tempo cumprido, anotado polo ex xogador do Osasuna, o capitán Yoshikawa, pero o 1-5 podese dar por bo. Anotou o histórico tanto da honra pontés, Martín, de falta.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Rober, Noé, Troncho – Héctor, Cokito, Jacobo, Martín, Xan, Pablo, Sergio.

SELECCIÓN DE XAPÓN. Shinoda, Yoshikawa, Ryohei, Shota Hoshi, Nishitani –Shimizu, Minamoto, Ryuta Hoshi, Hirata, Henmi, Morimura, Kato, Yagi, Tamura, Sekiguchi, Hiyama.

GOLES. 0-1, Yagi (8´). 1-1, Martín (22´), 1-2, Shota Hoshi (25´), 1-3, Hirata (27´), 1-4, Minamoto (33´), 1-5, Yoshikawa (40´).  

Tarxetas: Amarelas a Troncho e Cokito. 

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios