O Catre Teatro practica o finés

Con motivo da súa participación no XI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos, os integrantes do grupo de teatro pontés O Catre argallaron un vídeo moi especial.

82

Da man da súa particular pitonisa, Maritta Limanen, atrévense coa lingua finesa e invitan ás xentes da Embaixada de Finlandia para que se acheguen a ver Fátum. Aceptarán o convite? Saberémolo o sábado 8 de febreiro ás 20.00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns (Praza de Galicia, 1 – Betanzos).

Non deixedes de ver o vídeo en https://www.youtube.com/watch?v=fTbrlkeR4f0&t=2s

Os subtítulos non teñen desperdicio… e Sámbala e Kúmbala, tampouco!           

Nova cortesía de Catre Teatro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios