SEGUNDA B. O ESTEO FS-FS BOAL (13-5)

O Esteo consegue o seu maior número de goles nun partido oficial apenas dous días despois de xogar contra Xapón nun encontro que contou coa presencia de Adri

189

O Esteo completa unha semana histórica, tras xogar ante Xapón, selección que moi probablemente esteña nuns meses no vindeiro Mundial de Lituania 2020, e con menos de 48 horas de descanso hoxe conseguiu o seu maior número de goles en competición oficial.

O partido tivo pouca historia, e xa se marchou con 7-2 ao descanso, e no segundo período, con porteiro xogador os asturianos, os locais anotaron varios tantos a porta baleira. Noé marcou catro goles, dous Troncho, Jhony e Martín, e un Héctor, Rober e Cokito. 

Como dicíamos, trece é o maior número de goles que consigue o Esteo en competición oficial dende a súa fundación. De feito, en Segunda B, o teito estaba en nove goles, nun 9-4 ao Albense (2017) e tamén 9-4 ao Prone Lugo (2019).

Os ponteses anotaron doce goles ante, Melyde Eypar (12-2, 2012), Carballiño (4-12, 2012), Negreira Bar Arranca (6-12, 2009), e Automoción La Junquera (8-12, 2005). Dez tantos lográronse ante Cidade de Viveiro (10-0, 2013), Redondela (2-10, 2009), e San Cristobo Arzúa (3-10, 2009).  

Nunha semana tan histórica, o Pavillón de A Fraga recibiu a visita do gran Adrián Martínez Vara “Adri”, xogador de O Parrulo, que o pasado martes conseguía en Belgrado coa selección española o billete ao Mundial Lituania 2020, tras gañar a Francia (3-1), Ucrania (3-1) e Serbia (5-1).

O Esteo é cuarto con 39 puntos antes de visitar ao Unión Arroyo, de Valladolid, décimo con 25, pero curioso segundo máximo realizador da Liga, faceta na que o Esteo tamén é cuarto. 

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Martín, Noé, Troncho – Cokito, Jhony, Rober, Jacobo, Xan, Sergio.

FS BOAL. Hugo, Fredi, Toni, Gus, Adri – Ayala, Santi, James, Iroha, Gaizka.

GOLES. 1-0, Noé (2´), 2-0, Héctor (7´), 2-1, Iroha (8´), 2-2, Fredi (9´), 3-2, Martín (12´), 4-2, Troncho (13´), 5-2, Noé (14´), 6-2, Troncho (17´), 7-2, Jhony (18´). 8-2, Jhony (26´), 8-3, Adri (27´), 9-3, Cokito (29´), 9-4, Fredi (30´), 10-4, Noé (31´), 10-5, Santi (32´), 11-5, Rober (35´), 12-5, Martín (36´), 13-5, Noé (37´).

Tarxetas: Amarela a Cokito. 

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios