TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES-CD PONTELLAS (7-0)

Contra o equipo co que perdera a penaltis a final de Campións de Preferente o ano pasado, logrou o As Pontes a súa maior goleada na Terceira División, co mesmo resultado que se dera ante Viveiro (1995) e Alondras (1966)

161

Contundente vitoria do As Pontes na tarde de hoxe 7-0 ante o Pontellas, o equipo que curiosamente lle derrotara na final de campións de Preferente aos penaltis fai apenas oito meses e medio. 

A pesar do marcador, e da penúltima praza na que chegaba o equipo visitante, non era un cadro precisamente doado, pois xa gañara na ida 2-1, e nas súas dúas últimas visitas puntuou en campos tan difíciles como Bouzas (1-1), ou UD Ourense (2-2). 

Pero pronto se poñían por diante os locais, nunha xogada na que Cambón lle gaña un balón dividido ao porteiro fora da área e acaba marcando a porta baleira (3´), e despois dunha cabezada de Carlos tras centro de banda, desvía Toni, i é outra vez Cambón o que dentro da área pequena, sen oposición, empurra o balón ao fondo das mallas (7´). 

Tiveron as súas opcións os de Porriño para recurtar distancias, pero preto do descanso, era Maroñas quen marcaba un golazo tras un centro chut desde banda dereita que se cola pola escadra (42´), e xusto antes da intermedio Caridad cabecea a gol un saque de córner (45´). 

A segunda parte só serviu para ver un hat trick do dianteiro aresán Carlos, que esta semana conseguía a clasificación coa selección galega Uefa, xunto con Paco, o quinto e o sétimo, cara a cara, batendo por baixo ao cancerbeiro pontevedrés, e o sexto estando moi listo mentres o cadro visitante estaba a colocar a barreira. Suma 15 tantos. 

O As Pontes, cuias dúas máximas goleadas en partido oficial son un 13-0 ao San Mateo en 1978, e o 11-1 a pasada campaña ao Castro o día do ascenso, na Terceira División, este 7-0 é a maior goleada dos azuis, que repetiron o mesmo tenteo ante o Viveiro en 1995, e o Alondras en 1966. Non deixa de ser reseñable o 8-0 ao Colonia Moscardó en Segunda B (1995). 

Desgraciadamente, os seis goles sobrantes non se poden almacenar na despensa ou na neveira para cando sexan máis necesarios, e o As Pontes suma 27 puntos, só un por riba do descenso nunha clasificación moi apretada, cando lle agardan dous duros envites para rematar o mes máis curto ante Choco e Ourense CF.

CD As Pontes. Liz, Maroñas, Alex (Iván 80´), Caridad, Cambón, Dani, Pajaro (Fidi 70´), Gonzalo, Carlos, García, Quique (Sánchez 65´).

CD Pontellas. Toni, Pablo, Edu, Maikel, Rey (Guille 46´), Telmo (Santi 46´), Berto, Javi, Charles, Hugo, Nando (Yago 60´). 

Goles: 1-0, Cambón (3´), 2-0, Cambón (7´), 3-0, Maroñas (42´), 4-0, Caridad (45´). 5-0, Carlos (50´), 6-0, Carlos (77´), 7-0, Carlos (92´).

Árbitro: Julio José Martínez Barral. Auxiliado por Rodríguez Vaamonde e Ferro Benito. Amarelas a Toni, Javi, Guille. 

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde con ceo encapotado.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios