Tres podios dos veteranos do Grupo-Xuvenil Matojoma no campionato Galego de Inverno de Piragüismo

O pasado sábado comezaron as ligas galegas de piragüismo coa desputa do Campionato Galego de Inverno Individual sobre a distancia de 5000 m.

194

O equipo pontés do Grupo Xuvenil-Matojoma desprazou nesta ocasión á pista de Castrelo de Miño aos seus veteranos que acadaron a victoria nas categorías de 35-39 anos -Adrián Paz Alvariño-, 40-49 anos -Antonio Polo Campello- e o subcampionato na idade de 50-54 anos -José García Bellas-. Tamén participaron Ernesto Gancedo e José Ferreira, que remataron 5º e 18º en 45-49 anos, e José Antonio Menéndez que rematou 14 na categoría de 40-44 anos, todos eles en k1.

Con estos resultados individuais o equipo empatou no 4º posto por equipos co Escola Piragüismo Ciudade de Pontevedra nunha calsificación que gañou o Club de Mar Ría de Aldán- Hermanos Gandón.

Fotos: Beatriz Rosales.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios