Xornadas Hume

Unha nova edición das Xornadas de Hume, o 21 de febreiro presentarán a revista número 12 e o 28 de febreiro a entrega de premios do IV Premio de investigación HUME.

62

Presentación da Revista nº 12 de HUME

Presentación dos artigos e conversa cos autores

As pontes históricas, de autor e de autor anónimo no Concello das Pontes
José Manuel Yáñez Rodríguez

Lembranzas do Freixo: os muíños esquecidos
Mª Belén Vázquez Brage

Emigración infantil. Verdadeira bágoa da Galiza
Xavier Brisset Martín

Banda de Ribadeume: fundador e director D. Juan Vázquez Vázquez
Ovidio García Pazos

Apuntes sobre Roupar
Lela Castelo Santaballa

Pedro Fernández de Solloso, un “poblador” pontés en América 
a comezos do século XVII

X. Carlos Breixo Rodríguez

O monte Medulio no Meidelo (As Pontes)
Manolo Ares Fernández

Historia da mina das Pontes, antecedentes e evolución histórica ata 
a explotación integral de Endesa

Manuel Souto López

Academias das Pontes entre as décadas 50 e 70 do século XX
Nieves Seijo, Fina Blanco e Marisol Souto

Entrega de premios do IV Premio de investigación  HUME


Presentación dos traballos e conversa cos autores

I PREMIO
A violencia no Golpe e na retagarda galega.
O Concello das Pontes, 1936-1939
AUTORES:
Rafael García e Conchi López 

II PREMIO
Novos aportes ás migracións pontesas a Cuba: asociacionismo e variacións residenciais
AUTORES:
Frank Manuel Díaz e Ruxandra Guillama

ACCÉSIT
O Campanifome de Veiga de Vilavella: unha ollada dende a arqueoloxía experimental
AUTORA
Miriam Fernández Otero

OS AUTORES

Rafael García
Graduado en Historia (USC), Mestre en Historia Contemporánea (USC). Na actualidade cursa o programa de doutoramento en Historia Contemporánea na USC, coas liñas de investigación: II República, golpe de Estado, guerra civil, contextos de violencia masiva, historia social.

Conchi López
Licenciada en Historia, especialidade en Historia Contemporánea (USC), máster en profesorado de ESO, bacharelato, FP e idiomas. Actualmente cursando o programa de doutoramento en Historia Contemporánea, nas liñas de investigación: guerra civil, franquismo e transición. 

Frank Manuel Díaz
Máster sobre migracións internacionais en Poitiers e A Coruña. Máster en profesorado de ESO, bacharelato, FP e idiomas na UNED. Na actualidade é doutorando na USC, en Historia de América, investigando sobre as migracións trasnacionais Galicia-Cuba-EEUU. 

Ruxandra Guillama
Licenciada en Historia pola Universidade da Habana, máster en Historia Contemporánea (USC), e actualmente doutoranda  da USC, no equipo de investigación 1661, de Historia de América.

Miriam Fernández Otero 
Graduada en Historia da Arte (USC), máster en servicios culturais e especialista en xestión de bens culturais. 

Nova cortesía da Asociación de Estudos Históricos Hume

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios