SEGUNDA B. O ESTEO FS – ALBENSE FS (5-3)

Gran vitoria dun Esteo con moitas baixas ante o terceiro clasificado

131

O Esteo pontés de fútbol sala sumou este sábado un importante triunfo ante un rival complicado como o Albense, e facendoo ademais sen Noé, Jacobo, Cokito e aínda sen recuperarse de todo Matos. O primeiro período rematou en táboas tras adiantar Jhony aos locais e empatar o goleador Cris.

No segundo tempo voltabase a poñer por diante o Esteo, tras un bo gol de Martín de tiro cruzado, aínda que empataban outra vez os salmantinos cun remate de Méndez só dentro da área que Javichu desviou como puido pero acabou no fondo das mallas. 

Volvía a adiantarse o Esteo tras un gran gol no que Jhony, que viña de estrelar un balón no longueiro, picaba o balón ante a saída do porteiro. Consigue o xogador alavés poñerse como pichichi do equipo con 18 tantos, por 17 de Jacobo e 16 de Noé. Logo era Héctor, tras pase de Rober, o que anotaba o cuarto de forte disparo cruzado que desvía un defensa aínda que xa se colaba o balón.

Con porteiro xogador voltou recurtar distancias o goleador Cris, pero o 5-3 definitivo marcabao Héctor tras unha contra na que lle sirve o balón Jhony e remata ao fondo das mallas dentro da área pequena. De aí ao final non se moveu o marcador e O Esteo é cuarto con 42 puntos antes de visitar ao Tres Cuñados. 

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Héctor, Martín, Troncho – Rober.

PIENSOS DURÁN ALBENSE FS. Miguel, Cris, Diego, Morales, Pinto – Moa, Juan, Pacheco, Méndez, Carlos.

GOLES. 1-0, Jhony (7´), 1-1, Cris (13´). 2-1, Martín (22´), 2-2, Méndez (26´), 3-2, Jhony (32´), 4-2, Héctor (35´), 4-3, Cris (36´), 5-3, Héctor (37´). 

Tarxetas: Rober, Troncho, Miguel, Carlos.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios