Nota de prensa: MOVEMENTO GALEGO POLO CLIMA E FRIDAYS FOR FUTURE

Desde o MGpC e FFF queremos facer público que este venres, 6 de Marzo, ás 19:00 h van celebrar unha asemblea informativa aberta a toda a veciñanza de Ferrolterra, no Ateneo Ferrolán.

46

Na Asemblea vaise informar sobre o proceso participativo que está tendo lugar para a elaboración do Manifesto 2020 do MGpC. Este Manifesto é continuación e ampliación do Manifesto 2019.

O borrador do mesmo estase centrando nas medidas que, dende o Movemento Galego polo Clima, sabemos que é preciso implementar na sociedade (na economía, na administración, nas empresas, nos fogares…) co obxectivo de que se realice con éxito a transición eco-social xusta e necesaria. Galiza precisa destas demandas para axudar a frear e reverter o cambio climático, á vez que se prepara para a escaseza enerxética mundial.

O outro punto da orde do día centrarase en debater e acordar iniciativas concretas para impulsar e articular accións de cara a semana do 24 de Abril. Estas accións de mobilización a desenrolar, previas e durante o 24 de Abril, apoian a convocatoria internacional de Fridays For Future.

Con isto, chamamos á participación nestas datas de calquera persoa interesada.

Para máis información poden poñerse en contacto con María Bañón no telefono 698 136 656 . Prégase un contacto previo por WhatsAap ou Telegram.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios