Amigus Kids Labs • Arduino Day 2020 (Cancelado)

O vindeiro 21 de marzo, día mundial do Arduino, celebraremos en Amigus Labs un obradoiro para nen@s de iniciación ao Arduino e a robótica, unha forma práctica e divertida de coñecer Arduino e as posibilidades que ofrece.

148

A Asociación Informática Amigus seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, como consecuencia da expansión do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de evitar a súa propagación, comunica a cancelación do Amigus Kids Labs • Obradorio de iniciación a Arduino e robótica.

A Asociación Informática Amigus lamenta esta cancelación pero a situación sanitaria na que se atopa o país implica a adopción de medidas responsables e previsorias para evitar a propagación do coronavirus.

Durante 6 horas, os nenos aprenderán a programar en Arduino, a desenvolver os seus primeiros programas e proxectos, entre eles fabricarán robots peleones e elementos dunha cidade intelixente.

Horario: De 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00.: Amigus Labs Kids – Obradoiro de iniciación a Arduino e a robótica.

A idade para participar no taller é de 6 a 12 anos. Cada neno terá á súa disposición un equipo informático así como todo o material para realizar os proxectos. Se algún quere usar o seu propio computador pode traelo.

Máis información e inscrición en Amigus Labs

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios