ACTUACIÓN DE ALEX MONTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Disputado esta fin de semana en Ourense

283

O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de xogar esta fin de semana coa Selección Galega Sub16 a segunda fase do Campionato de España.

Alex xogou de titular o venres en Oira ante Extremadura (5-0), pero tivo que ser substituido antes do descanso por un problema nun nocello. Xa recuperado, o domingo tamén foi titular no segundo partido ante Ceuta (5-0), sendo cambiado mediado o segundo tempo. 

Das 19 seleccións participantes, Galicia acabou sexta no torneo, con tres triunfos e unha derrota, nove puntos, empatada con Comunidade de Madrid, quinta, País Vasco, sétimo e Navarra, oitava.

Pasaron a semifinais a Comunidade Valenciana, con pleno de 12 puntos, e Cataluña, Castela A Mancha e Aragón, con dez.  

Precisamente a selección aragonesa mantivo en vilo aos seus perseguidores, pois perdía 0-2 ante Baleares, aínda que nos últimos minutos conseguiu empatar 2-2 e lograr o punto que certificaba a súa clasificación. 

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto Futgal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios