BANDO MUNICIPAL CORONAVIRUS

Valentín González Formoso, alcalde do Concello das Pontes, ao abeiro do disposto no artigo 21.1.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril

654

FAGO SABER

Ante a evolución da situación sanitaria pola propagación do coronavirus en Galicia e dacordo ás recomendacións e medidas atoptadas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, o Concello das Pontes comunica a adopción das seguintes medidas preventivas que afectan ao funcionamento dos servizos públicos, por un período inicial de 15 días.

ACTIVIDADES

Supensión das clases na Escola Infantil Municipal A Barosa, desde o luns, 16 de marzo

Suspensión das clases no Conservatorio Municipal de Música, desde o venres, 13 de marzo

Suspensión dos eventos deportivos organizadas polo Concello, desde o venres, 13 de marzo

Cancelación dos eventos socioculturais organizadas polo Concello, desde o venres, 13 de marzo

Cancelación das proxeccións cinematográficas, desde o venres, 13 de marzo

Suspensión da feira do día 15 de marzo

Suspensión do mercadillo do sábabo

Suspensión das actividades escolas deportivas municipais, desde o venres, 13 de marzo

Suspensión das actividades das escolas culturais municipais, desde o venres, 13 de marzo

Suspensión das actividades da escola municipal de danza, baile moderno e flamenco, desde o venres, 13 de marzo

PECHE DE INSTALACIÓNS AO PÚBLICO (Desde o venres, 13 de marzo)

Biblioteca

Auditorio Municipal Cine Alovi

Casa Dopeso (Salón de actos e Sala Polivalente)

Piscina

Polideportivo

Escola Infantil Municipal A Barosa

Conservatorio Municipal de Música

Hexágono

Caseta do Pulpo

Muíño de Prieto

Estas medidas iránse adaptando á evolución da situación epidemolóxica e informarase de cada variación que se poida producir con respecto ás mesmas.

O Concello das Pontes recomenda, así mesmo, ás asociacións e entidades do municipio que suspendan os seus actos públicos e sociais durante os vindeiros 15 días.

O Concello das Pontes quere enviar á poboación unha mensaxe tranquilizadora e insta a que se sigan as medidas e recomendacións da Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade. Así mesmo recoméndase consultar a páxina do Ministerio de Sanidade (www.mscbs.gob.es) ou chamar ao teléfono de atención á cidadanía 900 400 116 para obter información sobre o COVID19 (coronavirus)

LÉMBRASE para evitar contaxios:

  1. Non acudir a lugares nos que se produzan aglomeracións de persoas, especialmente se se trata de espazos pechados, poñendo especial atención a persoas maiores, poblacións infantil ou persoas con enfermidades crónicas.
  2. Lavar as mans de forma frecuente, sendo recomendable o uso de xabón desinfectante
  3. Cubrir a boca e/o nariz, ao esbirrar ou toser, cun pano desbotable ou contra o cóbado
  4. Evitar tocarse os ollos, nariz e boca
  5. No caso de presentar síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras pesoas.

BANDO CORONAVIRUS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios