Nota de prensa CIG: Situación laboral nas Pontes, xerada polo coronavirus Covid-19

A situación de emerxencia sanitaria que estamos vivindo, ademais das consecuencias médicas coñecidas e que deben ser a nosa total prioridade, tamén ten negativos efectos laborais no noso pobo, dos que queremos informar. Esta información, por suposto, é unha foto fixa a dia de hoxe, no futuro seguiremos informando.

545

ERTE’s en trámite:

GDES Wind

Empresa con sede social en Alvedro, pero con centro de traballo na nave da antiga LM nos Airíos. Gran parte do cadro de persoal de traballadores/as é de As Pontes e arredores. O luns 23 solicita ERTE por Forza Maior, pendente da resolución da autoridade laboral. Ten sobre 100 traballadores/as, prevé que traballen sobre 6 parellas na nave sobre 10 traballadores da parte técnica e administración, non facendo traballos nos parques mais aló dos necesarios para o funcionamento dos aeroxeradores.

XEMADE

Solicitude de ERTE por Forza Maior. Empresa que xestiona a piscina e actividades deportivas. A piscina esta pechada, dende o 14 de marzo, por mandato do Concello en base ao RD do 13 Marzo. Son 9 traballadores/as. Pendentes de resolución da Autoridade Laboral.

EINSA PRINT – EINSA SOURCING AS PONTES – EINSA SOURCING CAMPOLONGO

Constitúese a mesa do período de consultas o mércores 25, os motivos son a baixada de pedidos que se está a padecer dende esta situación. Incluirase a todo o cadro de persoal, sobre uns 330 traballadores/as, aplicándose tanto suspensións coma reducións de xordana. A intención é manter toda a actividade posible. Previsión do ERTE de tres meses, as condicións que prevé a empresa son as legais. Todo isto depende dos sete días de negociación.

ARTEIXO TELECOM

O luns 23 notifica a empresa a intención de negociar un ERTE por motivos organizativos, produtivos ou económicos debido a situación actual. Conta con 99 traballadores/as, prevese a suspensión, mantendo a actividade que teñen rotando ao persoal e ata que os provedores o permitan, xa que están quedando sen compoñentes para fabricar certos produtos. Pendente de inicio do período de consultas previsiblemente o luns 30.

OUTRAS EMPRESAS QUE APLICARÁN ERTE: Talleres Espiñaredo, Biomasa Forestal e Soelec.

Comercio e hostalería local:

En aplicación do Real Decreto 463/2020, de Estado de Alarma, e tendo en conta o IAE (Imposto de Actividades Económicas), estímase que, aproximadamente, 100 comercios e locais de hostalería están actualmente pechados no pobo.

Para facerse unha idea do impacto na situación laboral actual, pódense comparar as cifras anteriores de persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego co último dato oficial do paro no noso concello, que era de 420 persoas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios