Nota de prensa CIG: Actualización da Situación laboral nas Pontes, xerada polo coronavirus Covid-19

Este Voceiro é a continuidade do que publicamos o 26 de marzo sobre a situación de emerxencia sanitaria que estamos vivindo e as consecuencias no ámbito laboral local.

270

 ERTE’s en trámite ou aprobados 

Como xa comentáramos os ERTE’s que se están tramitando ou están aprobados son os de: GDES WInd, Xemade, EINSA PRINT, ARTEIXO TELECOM, Talleres ESPIÑAREDO, Gasolineira A Casilla, SOELEC, INTASA As Pontes (Galparket), EROM (empresa radicada en Vilalba, pero gran parte do cadro de persoal é de As Pontes). 

Conxuntamente afectan a máis de 600 traballadores/as. 

Comercio e hostalería local 

Como xa comentamos no anterior Voceiro, a estimación é duns 100 comercios e locais de hostalería pechados no pobo. 

 Traballos na reforma da Central Térmica 

Nas obras da DEI (Directiva de Emisións Industriais), a baixada de postos de traballo, neste período de permiso retribuído ata o 9 de abril, foi dun 90%; agardamos que cando remate este prazo se recuperen todos os postos de traballo. 

Temos que prever unha saída desta crise sanitaria, que é a prioridade, e lembrarlle á Xunta, onde Feixóo fártase de dar “leccións” ao resto, que debera explicarnos porque na metade do noso Hospital de referencia, o Marcide, hai só 3 duchas para 40 camas. A sanidade pública deféndese sempre, non só nos momentos de crise. 

Mais tamén temos que prever as consecuencias laborais. No ámbito local, o noso pobo xa viña atravesando un momento especialmente complexo pola parada de actividade na Central Térmica e, tamén, polo custe social e económico do novo Convenio de Endesa (o peor da historia). Por iso, teremos que procurar e consensuar, como se fixo no Comité de Crise, uns obxectivos para defender e manter a economía local. 

Con carácter xeral, neste escenario extraordinario, a CIG desde o primeiro día e para todo o País, que a alternativa debía ser un permiso retribuído para cumprir un deber inescusábel e creando un fondo público de compensación para as empresas, a solución sería máis xusta para a maioría social e evitaríase o actual caos. 

Fronte a isto, o goberno vai aprobando decretos sucesivos nos que se van corrixindo a si mesmos, polo que ao final, estamos falando dunha sucesión de parches, cando o que precisamos son medidas máis globais e con alternativas máis amplas para o conxunto da clase traballadora. 

A isto engádese o “sálvase quen poida” que fai a UE, constatándose que non hai unha Europa Social. 

Por iso a CIG convoca unha cazolada o venres 10 de abril, ás 12 h., os/as traballadores/as non podemos perder máis dereitos nin ser os que paguemos de novo a crise económica. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios