A asociación informática Amigus das Pontes supera as mil viseiras fabricadas

Protección Civil e a Policía Local encárganse de repartilas polos negocios da localidade

18

A asociación informática Amigus das Pontes acaba de superar as mil viseiras de protección fabricadas para protexerse do coronavirus, nunha iniciativa solidaria que non deixa de medrar e coa que pretenden poñer o seu gran de area nesta crise.

“Vimos que la gente empezaba a imprimirlas por su cuenta y dedicimos montar un grupo con la gente de la asociación”, explica Santiago Bellas, o presidente do colectivo. Neste momento son un total de dez persoas as que forman parte desta iniciativa.

“Algunos encargos personales se hacen pero la mayoría se entregan a Protección Civil o a la Policía Local de As Pontes y ellos se encargan de repartirlas, sobre todo entre negocios de la localidad”, indica o presidente do colectivo, que subliña que teñen moitos colaboradores que donan material como o Concello das Pontes, Endesa, Servicio Móvil, Electrónica&Comunicaciones, CEIP A Magdalena, Sicnova, La Mercería, La Estrella, Lujo Publicidad, Desguaces Vilabella, Openor o Candelaria.

“Cada vez el proceso es más rápido porque haces más producción en cadena, vas cogiendo rutinas y estamos más organizados”, indica Santiago Bellas, que explica que en total van 1.044 viseiras fabricadas e 987 delas xa entregadas. Moitas entréganse xa montadas, pero noutros casos mándase o material e son os voluntarios de Protección Civil os que acaban o proceso. O colectivo, a maiores, tamén imprime salvaorellas para usar coas mascarillas normais.

Máis información en http://www.amiguslabs.org/covid19/

Fonte El Progreso, por Cristina Arias

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios