A SD EIBAR DE MALENA MIERES ASCENDE Á LIGA IBERDROLA

A xogadora pontesa de 20 anos consigue un fito histórico

411

A futbolista pontesa Malena Mieres García ven de conseguir, co seu equipo, a SD Eibar, o ascenso á Liga Iberdrola, a Primeira División do fútbol feminino.

A RFEF decidiu hoxe dar por concluida a competición feminina pola crise do Covid 19, e como queira que o Eibar era o segundo clasificado do grupo norte da Primeira División B, con 46 puntos, e o primeiro, Athletic B, que sumaba 48, non pode ascender ao ter ao primeiro equipo na máxima categoría, o ascendido é o equipo eibarrés.

Ascenso de moito mérito o da SD Eibar, nun grupo complicadísimo, cos filiais de Athletic, Barcelona e Atlético, ademáis de Osasuna, Alavés, Zaragoza, Oviedo, Racing de Santander ou Sporting de Gijón, entre outros. 

Malena foi titular indiscutible, xogando os 22 partidos e os 1980 minutos, no seu equipo, que gañou trece encontros, empatou sete, e so perdeu dous, curiosamente na casa, e 0-1, ante Osasuna, 1ª xornada, e Madrid B, 11ª xornada. 

A partir de aí, unha racha de tres empates e oito vitorias consecutivas, incluido un 0-2 en Bilbao ante o líder, nun gran partido de Malena, que atallara un penalti, e un man a man, a dúas xogadoras que gañaron o Mundial sub17 con España. 

Boa mostra do nivel amosado por Malena é que o seu equipo foi o menos goleado, encaixando so trece tantos, catro menos que o Bilbao B, e once menos que o Osasuna. 

A vindeira temporada xogarán 18 equipos, os 16 que xa estaban, Barcelona, Atlético, Levante, Deportivo, Athletic, Real Sociedad, Logroño, Rayo Vallecano, Granadilla, Tacón-Real Madrid, Sevilla, Real Betis, Madric CFF, Sporting Huelva, Valencia, Espanyol, e os dous ascendidos, Eibar, e Santa Teresa de Badajoz, gañador do grupo sur.

Fotos cortesía SD Eibar. Nova cortesía XF. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios