Axencia Doazón Sangue: UNIDADE MÓBIL NA PRAZA DO CARMEN luns 11 e martes 12 de maio

Luns, 11 de maio 16:00 a 21:00 horas
Martes, 12 de maio 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas

29

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia. 

O noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias.As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes. 

#súmateaonosoequipo

Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuito.

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar  a saúde.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. 

Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar

https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/405/PODO%20DOAR-PUEDO%20DONAR%203-18.pdf

https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/406/TRIPTICO PASO A PASO 3-18.pdf

Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida

Amosamos historias de persoas que doan sangue e de doentes que sairon adiante grazas a solidariedade doutros

Ana e Ignacio

Geni e Chus

María e Juan 

Cris e Andrés 

Alexia e Inma 

Ana e Carlos 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios