O concello da Capela pon en marcha o seu V Concurso de Fotografía

Este ano será on-line, e baixo o lema “volveremos a Caaveiro, volveremos á Capela”.

99

 O Concello da Capela convoca este quinto certame co obxectivo de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo. 

A actual restrición de mobilidade motivada pola crisis do COVID19 dificulta a participación in-situ aos fotógrafos profesionais e afeccionados. 

Tendo en conta esta situación, o Concello da Capela decide desenvolver un concurso on-line que por unha banda sirva como unha proposta para desenrolar en familia, e por outro facilite a participación de toda persoa que o desexe, sen necesidade de saír do seu domicilio. 

O feito de poder presentar este concurso como unha actividade familiar permitirá que os membros desas familias rebusquen nos seus recordos gráficos o seu paso polo Mosteiro de Caaveiro ou por lugares emblemáticos da Capela, e recuperen aqueles momentos de felicidade, de beleza, e de contacto co patrimonio natural e arquitectónico da Capela, e con iso revivan os seus desexos de regresar cando toda esta triste situación pasase. 

A temática a tratar será a lembranza do paso polo Mosteiro de Caaveiro, polo patrimonio etnográfico (muíños, machuco, central eléctrica, museo…) ou natural (fragas do Eume, áreas recreativas, rutas de sendeirismo) do Concello da Capela. 

O lugar fotografado haberá de ser recoñecible como pertencente á Capela. 

Participación. 

A participación é libre e gratuíta. 

Poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados maiores de idade, excepto: os membros do xurado, os membros do goberno municipal da Capela, os seus cónxuxes e parentes en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. Tampouco poderá participar o persoal da empresa organizadora. 

A participación será on-line na páxina web volveremosacaaveiro.es. Para participar é necesario rexistrarse na web, á que cada participante poderá subir un máximo de 5 fotografías, e cumprir as bases e os requisitos técnicos que figuran na web. 

Ainda que o concurso comezará o 11 de Maio de 2020 e rematará o 31 de Maio de 2020, xa é posible rexistrarse e subir fotografías. 

Outra das novidades desta edición é que os visitantes poderán participar votando as fotografías que máis lles gusten. As votación abriranse o día 11 de maio. Os visitantes que se rexistren e voten participarán no sorteo de 100 euros

Os premios para as fotografías máis votadas entre a suma dos votos dos visitantes e os do xurado, serán de 500 euros para a primeira, 250 euros para a segunda e 150 euros para a terceira. 

Este V Concurso de Fotografía conta có patrocinio da Deputación da Coruña e está xestionado e coordinado pola empresa Eventi. 

O xurado estará formado polo menos por 2 fotógrafos profesionais, 1 representante do Concello da Capela e 1 representante da empresa organizadora. Os seus nomes desvelaranse unha vez recibidas as actas de puntuación dos mesmos. 

Máis información en Concello da Capela, Tlf: 981.45.90.06 www.concellodacapela.es 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios