Nota de prensa BNG: A TAXA MUNICIPAL DAS TERRAZAS: APOIO REAL Á ACTIVIDADE HOSTALEIRA LOCAL?

No Pleno ordinario do 6 de maio o goberno local do Psoe trouxo unha moción improvisada para a supresión das taxas de terrazas.

246

Desde o Bng das Pontes e desde o início da crise sanitaria propuxemos e estivemos dispostas para traballar a a prol da reactivación económica da nosa vila. Algunhas desas propostas realizadas, e que non se aplicaron, foron:

🚨Deixar sen efecto as taxas de auga e recollida de lixo.
🚨Aplicar unha bonificación do 95% na contribución para propietarias.

Como podedes ver no documento de abaixo o Concello leva desde o 2017 sen facturar polo servizo de terrazas. Algo que non se cobra non pode ser a medida estrela da reactivación económica da hostalaría pontesa. 

Precisamos medidas reais de axuda e rescate as autónomas, as pemes e por suposto ás veciñas e veciños das Pontes. A situación da nosa vila, onde o paro aumentou um 18% no mes de abril, e onde a caida de afiliacións á  Seguridade Social nos deixa nun segundo posto en canto a destrucción de emprego se refere, o feche da Central Térmica e agora a crise do Covid-19 precisa de medidas económicas e sociais urxentes.

A TAXA MUNICIPAL DAS TERRAZAS: APOIO REAL Á ACTIVIDADE HOSTALEIRA LOCAL? 

 Ter un aumento no desemprego o dobre que no conxunto de Ferrolterra e ser o segundo concello galego con maior perda na afiliación á Seguridade Social non se afronta cunha política fogueteira e de escaparate, ASÍ NON

O BNG está na mellor disposición de colaborar e apoiar medidas que axuden a enfrontar a dura crise social e económica, mais tamén pola gravidade da situación, cremos que non se pode seguir facendo política para a galería, agora son precisas medidas con contido e con incidencia real

Estamos a falar da medida acordada no último Pleno polo PSOE, o PP e Xuntas pola Pontes-En Común sobre da anulación da taxa municipal das terrazas. 

CANTO COBRA O CONCELLO POR UNHA TERRAZA? 

O prezo está fixado nunha ordenanza de 1999 (figura en pesetas, pódese consultar na web municipal), por cada mesa e cada cadeira e segundo o período temporal.

 Logo para unha terraza con 5 mesas e 20 cadeiras, o Concello ingresaría uns 407 € ao ano. 

CANTO INGRESA REALMENTE O CONCELLO POLAS TERRAZAS? 

Pois depende, e non das terrazas. Segundo o informe técnico municipal, os ingresos serían 

 O texto do informe do técnico municipal é o seguinte 

CAL É O APOIO REAL DENDE O CONCELLO Á HOSTALARÍA CON ESTA MEDIDA URXENTE DE SUPOSTA ANULACIÓN DA TAXA MUNICIPAL? 

Pois, como se pode evidenciar dos datos anteriores, NINGÚN; a supresión dunha taxa que non se cobra dende 2017 NON PODE “impulsar a reactivación económica dos establecementos hostaleiros da localidade e paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo COVID-19 no municipio, …”. 

Algunhas das propostas que o BNG presentou, hai máis dun mes, ao conxunto das organizacións políticas con representación municipal, para a súa posta en común, para aportar e sumar ao obrigado esforzo conxunto que precisamos, aplícanse aos gastos reais do sector: deixar sen efecto as taxas polos servizos municipais básicos (abastecemento e saneamento auga, recollida e tratamento do lixo) mentres se manteña a declaración de alarma sanitaria e aplicar descontos para o resto do ano, ou bonificar no 95% a contribución aos locais -sempre que sexan propietarios ou non paguen alugueiro algún durante o período da alarma sanitaria-. 

O BNG concorda co goberno municipal en que a actividade hostaleira é un “…dos sectores máis castigados pola situación derivada da crise sanitaria, con maiores dificultades no proceso de desescalada e que mantén centos de postos de traballo entre os veciños e veciñas da localidade …”, e por iso entendemos que non merecen dun trato así, precisan, xunto coa totalidade das autónomas e pemes locais e co conxunto da poboación, actuacións urxentes, con rigor, e con resultados reais e prácticos. Vainos a vida niso. 

Asemblea Local das Pontes, maio 2020 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios