MARCO ROCA NON CONTINÚA NO CD AS PONTES

Despois de máis de 30 campañas no equipo azul

474

Unha vez case confirmada a permanencia do clube un ano máis na categoría, Marco Roca Ledo anunciou a súa marcha do CD As Pontes.

Faino despois de cinco anos no primeiro equipo, unha campaña como segundo de Pablo López, estando despois catro tempadas ao mando do mesmo nas que se conseguiu o ascenso dos récords.

Marco xogou 21 tempadas como futbolista do equipo pontés, nove nos equipos de base, cos que foi subcampión de Liga e Copa de Ferrol Alevín en 1987 e tamén subcampión de Copa departamental Infantil en 1989.

Posteriormente xogou doce campañas no primeiro equipo, tres en Segunda B, catro en Terceira División e cinco na Preferente Norte, logrando a mítica Copa Deputación en 1996, 2-1 na final ao Betanzos, e tamén destaca a eliminatoria copeira na 1995-96 ante o Celta de Vigo de Primeira, na que se quedara fora por apenas un gol. 

Como adestrador foino tamén varias temporadas dos equipos de base, As Pontes B, Xuvenil B, Cadete e Infantil, equipo co que logrou a Copa de Ferrol e a Copa Afaco. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios