A Escola de Fútbol Sala de O Esteo continua coa súa progresión

Tras conseguir a pasada tempada o ascenso á 1ª Galicia, os Infantís e os Cadetes conseguiron un novo éxito para o club logrando, ámbalas dúas categorías, o ascenso á Liga Autonómica onde se enfrontarán ás mellores Escolas de Futbol Sala das provincias de A Coruña e Lugo.

60

Despois dunha tempada atípica finalizada de maneira repentina debido á pandemia orixinada polo COVID-19 e có obxetivo cumplido de manter a categoría, nos últimos días chegaballe ao a Coordinador da Escola, Javi Saa, a nova de que os equipos Infantil dirixido polo propio Javi Saa e o Cadete este dirixido por Senen García, lograban o ascenso de categoría por segundo ano consecutivo e pasaran a disputar la Liga Autonómica a próxima tempada.

Nos últimos tres anos o crecemento da Escola de Base de O Esteo F.S. foi cada vez a mais en tódolos aspectos, xa que despois de tomar a decisión de abandonar o Fútbol Sala Escolar, onde, en palabras do Coordinador da Escola Javi Saa “sempre nos trataron dunha maneira excepcional e do cal nos sentimos moi orgullosos de ter formado parte”, o seguinte paso foi que tódolos equipos da base do club participaran nas competicións federadas da FGF e que tanto @s nen@s como o equipo de traballo puidesen adquirir unha formación acorde ao noso crecemento.

Tras asentarse en ditas competicións e conseguir bons resultados presentouse a posibilidade de dar un paso mais e os equipos Infantil e Cadete participaron por primeira vez na 1° Galicia có crecemento formativo e deportivo que iso conleva.

Tal é este crecemento que fixo posible que esta mesma tempada se cumpla un dos obxetivos propostos a medio-largo plazo polo club, alcanzando por primeira vez na curta historia da Escola de Base de O Esteo o ascenso dos Infantís e Cadetes á Liga Autonómica, todo isto unido ao desenrolo e a magnífica tempada de tódolos demais equipos da base

O club quere darlle a noraboa e as gracias tanto a tódolos nen@s que forman parte da Escola como aos seus pais e nais, adestradores, delegados e axudantes que forman e formaron parte do día a día no club polo seu compromiso e traballo que fai que O Esteo F.S. sexa unha gran familia.

Por último o club tamen quere dar las gracias a tódolos socios, patrocinadores e colaboradores que tamen forman una parte importante da entidade e decir que xa está a traballar de cara á vindeira tempada.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios