Abreuse o prazo de inscripción na Escola de Futbol Sala de O Esteo para a tempada 2020-2021

Dende fai uns días o club xa se encontra planificando a vindeira tempada 2020-2021, polo que unha vez celebrada a reunión da directiva e o coordinador da Escola acordaron empezar có periodo de inscripción na mesma.

56

Có lema QUEREMOS SEGUIR CONTANDO CONTIGO, únete a O Esteo F.S. deu comezo no día onte 9 de Xuño o prazo de inscripción para todos aqueles nenos/as que queiran formar parte da Escola de Futbol Sala de Base de O Esteo.

A solicitude de inscripción poderá descargarse na páxina web do club www.oesteofs.com // CATEGORIAS BASE // INSCRIPCIONES, esta a súa vez deberá de ser enviada debidamente cuberta, xunto có xustificante de pago de ter realizado a inscripción á seguinte dirección de correo electrónico inscripciones.oesteofs@gmail.com.

Acontinuación mostranse as categorías cos seus anos correspondentes:

Biberón 2015/2016
Prebenxamín (Local) 2013/2014
Benxamín (Local) 2011/2012
Alevín (Local) 2009/2010
Infantil (Autonómica) 2007/2008
Cadete (Autonómica) 2005/2006
Xuvenil (1ª Galicia) 2002/2003/2004

Mais información na páxina web do club, antes mencionada, ou no número de teléfono: 677 46 61 90 (Javi Saa).

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios