Entregados os premios do V Concurso de Fotografía Concello da Capela

“Foron tempos, no muiño do Barreiro”, foi a fotografía que acadou o primeiro premio.

193

O Concello da Capela convocou este certame baixo o lema “Volvreremos a Caaveiro, volveremos á Capela” co obxectivo de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo.

A restrición de mobilidade durante o concurso, motivada pola crisis do covid-19 dificultaba a participación in- situ aos fotógrafos profesionais e afeccionados, polo que o Concello da Capela, especialmente sensibilizado polo que está a acontecer, decidiu desenvolver un concurso on- line que por unha banda servira como unha proposta para desenrolar en familia, e por outro facilitase a participación de toda persoa que o desexe, sen necesidade de saír do seu domicilio.

O feito de poder presentar este concurso como unha actividade familiar permitía que os membros desas familias rebuscasen nos seus recordos gráficos o seu paso polo Mosteiro de Caaveiro ou por lugares emblemáticos da Capela, e recuperasen aqueles momentos de felicidade, de beleza, e de contacto co patrimonio natural e arquitectónico da Capela, e con iso reviviran os seus desexos de regresar cando toda esta triste situación pasase. 

Foron un total de 142 as fotografías que se presentaron a esta quinta edición do Concurso, aínda que varias delas tiveron que ser descartadas ao non cumprir as condicións técnicas esixidas nas bases.

O pasado venres día 12 de xuño tivo lugar a valoración final das propostas presentadas, logo de descartar as que non cumprían as bases, na que seleccionáronse as 10 finalistas, e delas as 3 gañadoras.

O primeiro premio, dotado con 500 euros, foi para Alberto Leiras, de San Sadurniño, pola fotografía titulada “Foros tempos, no muiño do Barreiro”; o segundo premio, dotado con 250 euros, foi para Cony Anca, de Fene, conha imaxe do mosteiro de Caaveiro titulada “O coloso das Fragas”; e o terceiro premio, cunha dotación económica de 150 euros, foi para Javier Castro, de Fene, pola fotografía “Río Cuberto, Formariz”

Nesta edición tamén houbo premio de 100 € para o xurado popular, por sorteo entre os máis de 300 usuarios que votaron as fotografías expostas na páxina web, para Roberto Cebreiro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

XURADO:

O xurado estivo formado por Natalia Paz, concellal de turismo, en representación do Concello da Capela, polo fotógrafo profesional Carlos Carballeira, colaborador como fotoperiodista de diversas axencias e con experiencia como xurado en varios concursos, a fotografa profesional Marisa Rivas, premio Wedding Awards 2020, polo tamén fotógrafo profesional Ramón Vaamonde, con varios premios de diversa categoría, coma o primeiro premio no certame nacional sobre cultura popular, e Víctor Caneiro en representación de Eventi como empresa organizadora.

As imaxes ganadoras poden verse na web do concurso www.volveremosacaaveiro.es durante este mes de xuño.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios