Amigus Kids Labs • Campamento´20

Do 27 ao 31 de Xullo no Lar de Endesa de As Pontes en horario de 9:00 a 14:00.

170

Está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, e ten un prezo de inscrición de 50 €.

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con CIENCIA KIDS®. Un campamento de ciencia e tecnoloxía, con obradoiros de robótica, impresión 3D, enxeñaría, experimentos de química, física, botánica, bioloxía e ciencia na cociña.

Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos. Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos a unha base dun pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.

Actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.

Tedes toda a información e inscrición en http://www.amiguslabs.org/campamento20

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios