Obradoiros de impresión 3d e robótica

Realizaranse o vindeiro mes de agosto, organizadas por EuroEume e a Asociación Informática Amigus.

153

Obradoiro de Modelado e impresión 3D. Para mulleres de 14 anos en adiante. (24 e 25 de agosto de 10:00 a 13:00)
Este curso de introdución á impresión 3D oriéntase a principiantes que non están familiarizadas coa Impresión 3D, e/ou estudantes que queren introducirse nesta tecnoloxía. Non é necesario ningún coñecemento anterior.

Obradoiro de robótica en familia. Iniciación a Arduino. (26 e 27 de agosto de 10:00 a 13:00)
Aprendizaxe. Descubrir aplicacións e ferramentas dixitais para aprender cómo axudar ás nosas fillas e fillos a desenvolver as súas capacidades utilizando a tecnoloxía. Robótica en familia, unha actividade conxunta, na que participen os pais e nais coas fillas e fillos. 

Os cursos son gratuítos, dado que contan coa financiación da Secretaría Xeral de Igualdade e da Consellería de Política Social respectivamente.


As inscricións formalizaranse por orde de rexistro na web de http://www.amiguslabs.org/.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios