Victorias en k1 e k2 cadete das padexeiras do Xuvenil-Matojoma no descenso do Miño de Tui

O sábado 15 de agosto desputouse a 49ª edición do Descenso Internacional do Miño entre as localidades de Salvaterra e Tui.

122

Cunha importante variación no sistema de saídas por mor de cumprir cos protocolos para evitar o contaxio da Covid-19 e evitar as aglomeracións, que obrigaron a sair por tandas de mañá e tarde en vez da tradicional saida de terra con todos os deportistas xuntos. A parte de esto, o percorrido foi o habitual e o nivel de participación alto, como ven sendo habitual nesta regata.

O Xuvenil-Matojoma de As Pontes desprazou ata terras do Baixo Miño a o seu equipo cadete que fíxose coa victoria en k1 e k2 muller, con Celia  Durán na embarcación individual e Ada Fernández e Inés Domínguez na dobre. Tamén subiron ao podio, pero esta vez na segunda posición, Pablo Vispalia e Lucas Valle no k2 home cadete. Antón García foi 4º en k1 e David García 20º na mesma categoría e modalidade. Ademais dos cadetes, os veteranos José Manuel García e Ernesto Gancedo conseguiron o 3º posto no k2 home veterano.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil
Fotos: federación galega de piragüismo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios