Resultados do Grupo Xuvenil-Matojoma no Campionato Galego de Pista cadete

O domingo celebrouse en Verducido o Campionato Galego de Pista para Cadetes, sobre as distancias de 1000m para os rapaces e 500m para as rapazas nunha edición cun altísimo nivel e marcada polos protocolos para manter as distancias entre os deportistas e evitar a Covid-19, que todos os participantes, público e adestradores cumpliron de forma exemplar.

68

Os deportistas do Xuvenil-Matojoma de As Pontes acadaron os seguintes resultados:

Antón García, 26º na contrarreloxo.

Inés Domínguez 23ª na contra, os dous moi preto de entrar nas finais de k1.

Celia Durán foi 6ª galega e Ada Fernández 5ª na final-B, tamén en k1.

Lucas Valle e Pablo Vispalia, 2º na final-B no k2.

No k4 masculino Pablo Vispalia, Antón García, Lucas Valle e Fran

Gabeiras, acadron o 8º posto e no k4 feminino Ada Fernández, Celia

Durán, Inés Domínguez e Icía Fernández subiron ao 3º caixón do podio,

despois dunha axustada chegada coas rapazas do Nautico o Muiño de Ribadumia.

Además, na clasificación xeral por equipos as cadetes pontesas remataron 4ª galegas e os chicos 16º.

Fotos cortesía de Ramón Valle
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios