FOTOS DO NOVO CD AS PONTES 2020-21

O equipo pontés continúa adestrando estes días á espera do protocolo da Xunta e a conseguinte presentación oficial, antes do inicio da competición previsto para o 18 de Outubro

225

O As Pontes comezou na tarde deste luns a súa andaina nunha tempada 2020-21 que estará marcada pola incertidume da Covid-19. Curiosamente, antes de que acabe o mes, o clube pontés, aínda que fundado en 1933, cumprirá 60 anos do seu ingreso na Federación Española e o seu debut en competición oficial.  

Será a vixéximo primeira campaña na Terceira División, a máxima categoría do fútbol galego, división na que estivo en 1964-65, 1966-68, 1984-87, 1993-95, 1998-2002, 2010-17 e 2019-20, nun total de 20 tempadas, só superadas polas nove campañas na Segunda División B, entre 1987-93 e 1995-98. Foi dúas veces campión da Terceira nos tempos do Endesa, na temporada 1986-87 e na 1994-95.

O conxunto azulón, prepara este novo curso con moitos cambios nas súas filas, pra comezar, no seu banquiño. O técnico da casa Marco Roca deixou o seu posto, que será ocupado por Luis Santiago. Acompañando ao técnico coruñés estarán Manu Posse como preparador físico, Samuel Martínez de adestrador de porteiros, e Guillermo Vázquez, que será o adestrador adxunto.  

Abandonaron o equipo ata once xogadores da campaña anterior, finalizada precipitadamente en Marzo a causa da pandemia. Javi Liz, Marcos Caridad, Óscar Rivas, Alex Sánchez, Alex Cabarcos, Adrián Maroñas, Fidi, Carlos López, Juan Cambón, Sergio Otero e Iván Pérez. 

Sen embargo, a dirección deportiva e o técnico coruñés conseguiron confeccionar un conxunto apañado, a pesar da reducción dun tercio do presuposto, do que tratará de lograr o máximo rendemento e pelexar cada partido nunha nova e moi competida Tercera División, da que se prevén que vaia a haber ata oito descensos, polo que o obxetivo do equipo azulón non pode ser outro que tentar conseguir a permanencia un ano máis na máxima categoría do fútbol galego.

Os da vila mineira contarán no seu plantel con Paco e David “Bugy” (Volantes de Baño) como porteiros, Berto e Borja Pita (Racing Xuvenil) como laterais, Dani, Manu Moya (Somozas), Pablo Fraga (Deportivo Xuvenil) e Alex López (Mugardos) de centrais.Como medios centros estarán Gonzalo, David García, Dani Pajaro, e os irmáns Óscar e Adrián Martínez (Boiro), como extremos Rubén Pardo e Artai Miraz (Mugardos), e na punta do ataque Quique e David Mitogo (Somozas). Completarán o plantel os canteiráns Vilela, Dani, Chema, Edgar, os retornados Breijo, Mariño, e o porteiro Iván De Frutos.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios