Voceiro de BNG das Pontes

Voceiro do mes de setembro 2020

233

Accesibilidade As Pontes (ascensoes): Dous anos depois

Hai dous anos, xustamente en setembro de 2018, o BNG publicaba un voceiro no que impulsaba e demostraba a posibilidade de instalar ascensores na vía pública en determinadas situacións. Era unha proposta para mellora a accesibilidade en As Pontes.

Pasaron dous anos sen que o Goberno Municipal fixese nada e, por arte de birlibirloque, dous anos despois vende a proposta como propia, até organizaron algunha charla nos Poboados de Endesa.

E para isto temos 7 concelleiros/as e asesores a soldo do Concello, precisamente cando máis necesitamos de impulso económico e de ideas para mellorar o pobo, temos un Goberno Municipal instalado no abandono, e en ir solucionando de calquera maneira o día a día. Pouca idea de futuro teñen.

Pero dende o BNG imos seguir colaborando e aportando solucións para que a nosa vila con quede atrás, por iso, lembrámoslle ao Goberno Municipal que hai catro anos dende que propoñemos a construción dunha RESIDENCIA PÚBLICA na Canle IV, se algún día van asumir tamén esta idea, por favor que non se retrasen moito, ten moita urxencia, a xente maior deste pobo merece moito respecto, e non chega con actos folclóricos senón con feitos reais e cubrindo as necesidades dunha poboación cada vez máis avellentada.

Crise Industrial

A caída na industria durante os 13 anos do Goberno de Psoe en As Pontes é un feito innegable, mais agora estase agudizando, o parón real da Central, a perda de emprego industrial e até a sinatura do último Convenio Colectivo de Endesa (perdemos neste pobo máis de 2 millóns de euros anuais vía salarios), ademais do negativo efecto Covid, obrígannos a dar respostas urxentes, non podemos seguir perdendo máis tempo.

Nun ano, de agosto de 2019 a agosto de 2020, en As Pontes, a afiliación á Seguridade Social baixou en 433 persoas (máis do 10% da afiliación global), a súa grande maioría no réxime xeral.
Por iso, non son tempos de termos Gobernos Municipais contemplativos, rutineiros, e cobrando salarios como se na nosa vila non pasase nada.

É tempo de actuar, estar activos e de reivindicar a axudas públicas a unha Transición Xusta, non pode pasar como co Plano do Carbón, onde en todo o mandato do Psoe nas Pontes non se investiu nin 1 euro.

Estas eran os investimentos que nos correspondía do Plano de Carbón e nunca se realizaron:

Endesa: a súa estratexia non é boa para As Pontes

Endesa está a tramitar a autorización para voar a Central nun “…periodo de 66 meses, de los cuales 18 meses se plantean para tramitaciones y actividades previas y 48 meses para la ejecución efectiva del desmantelamiento y demolición …” IMOS CONSENTILO SEN MÁIS??

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios