NOVIDADES DO ESTEO F.S.

O clube pontés conta con 14 xogadores

248

O Esteo pontés de fútbol sala xa conta con 14 xogadores. Ás continuidades dos porteiros Javichu e Sergio Cal, dos xogadores de pista Héctor, Troncho, Cokito, Jhony, e o retorno de Bruno, nestas últimas fechas confirmaronse sete novos xogadores.

Nas últimas semanas apalabrouse a renovación do goleador Jacobo, e a fichaxe do gran Rubi, que retorna ao Esteo, e ás pistas, tras retirarse no Parrulo de Primeira División en 2019. 

Asimesmo, a semana pasada coñecíase a volta do porteiro de Pontedeume Jesús Lourido, e a fichaxe de Alberto Piñeiro, futbolista procedente do Outeiro de Rei de Terceira División. 

Por outra banda, tres xogadores xuvenís do clube, Mario Torrente, Ismael Freire e Pablo Casal, farán a pretemporada co primeiro equipo. 

A entidade presidida por Fran Fernández e Juan Rodríguez, xogará no subgrupo 1B, con outros nove equipos galegos, Cidade de Narón, O Parrulo B, Xove, Ventorrilo, Leis Pontevedra, Pizarras Tres Cuñados, Sala Ourense 2014,  Ribeira e A Estrada, á espera de poder iniciar a competición o 24 de Outubro. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios